Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
14 août 2013

A VIDA EN ROSA


glc-95th-birthday-cake11

A foto non a vou publicar. Primeiro porque provoca carraxe. Segundo porque é en cor e o arco da vella nunca brilla neste cabaret. Un rapaciño contraincrepa, por indicación de Nuevas Generaciones, a un preferentista que increpa a Cospedal á entrada do xulgado. O mozo reproduce a soberbia dos seus modelos maiores. Hoxe, cando cumpro 48 anos, penso na facilidade pola que transitei polo tempo ata o de agora. O mozo conservador viste un pantalón rosáceo e un niqui caro que me anima a pensar que a súa biografía foi aínda máis fluída ca miña. Probablemente o señor ao que reproba superase unha metade da vida máis ardua cas nosas e berra polos seus aforros. Christopher Hitchens ten un libro, Hitch 22 (Debate), tedioso por tramos, apaixoante ás veces, no que afirma que os amigos son a compensación que nos concede Deus a cambio dos parentes que nos deu. Teño amigos, contados e intensos, que me acompañan dende a infancia. Tomo café cun e outro unha vez ao ano. Sabemos que non nos volveremos ver ata pasados demasiados meses, pero a despedida é de ton circunstancial. Todo se sobreentende grazas ao cariño que se conserva na parte máis escura de nós, onde non chega a luz dese sol que nos cega para ocultarnos que nos conduce día a día cara á trampa definitiva.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité