mercredi 14 août 2013

A VIDA EN ROSA

A foto non a vou publicar. Primeiro porque provoca carraxe. Segundo porque é en cor e o arco da vella nunca brilla neste cabaret. Un rapaciño contraincrepa, por indicación de Nuevas Generaciones, a un preferentista que increpa a Cospedal á entrada do xulgado. O mozo reproduce a soberbia dos seus modelos maiores. Hoxe, cando cumpro 48 anos, penso na facilidade pola que transitei polo tempo ata o de agora. O mozo conservador viste un pantalón rosáceo e un niqui caro que me anima a pensar que a súa biografía foi aínda máis... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:28 - Commentaires [0] - Permalien [#]