vendredi 16 août 2013

A MULLER MÁIS RICA DE ESPAÑA

  O salón estaba cheo de mobles barrocos e periodistas. Os mobles barrocos sempre os compran as persoas que subiron estratos sociais por identificaren as molduras e os dourados con riqueza. Son as curvas que superaron e os brillos que seguiron no camiño da prosperidade. Non sei a que presidente provincial atribuír a decoración da sede da Deputación de Lugo. A rolda de prensa sería dirixida por Francisco Cacharro e el fora mellorando dende a pintura de brocha gorda á pintura de autor, pero non me pareceu unha persoa necesitada... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]