Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
17 août 2013

LUGO PRECISA DE TI

your country

Estranamente -como se botan a falar os ingleses cando queren que os escoites- a Historia entrou en décalage. Detívose e empezou a marchar cara atrás. Mirando os informativos da ETB esta madrugada escoitei á presentadora lendo no pronter sobre "una operación policial en ocho países; entre ellos, España". Un arrepío empuxoume a temer o horror: Patxi López resucitara institucionalmente e ocupaba novamente a lehendakaritza, pero logo escoitei a enumeración das "ciudades del Estado" nas que actuaran os axentes. Érgome cedeiro e descubro en Orbyt, que vén sendo a máquina de cifrado rotatorio Enigma de Pedro J., unha análise -metade intuitiva, metade especulativa- da disensión morganática entre o herdeiro da Casa Real e Doña. Como cadadía desta nugalla na que deveu o Reino de España, non falta o punto de xiro que achega Manolo Summers á crise colonial (sic) coa enarnecida chamada a filas á mariñeiría liñaconcepcional coa misión erguer os bloques deitados nas augas españolas (fascíname que se recoñeza a propiedade estatal sobre H2O con sal) que vai provocar que Alfred Leete resucite coma temín que dera feito López. As sorpresas da mañá non cesan. O meu xornal conta que o Concello de Lugo nos pon número de conta coma faría calquera ong para que os pagadores indolentes dos impostos e as taxas máis insospeitadas ingresemos cartos para as festas de San Froilán, eses días de ruído e furia, de bafles axordecedores e accesos a garaxes cegados, de negros vendendo xénero traidor e de botellas arias abandoadas nos portais. Non sería mala idea buscar un funcionario dispoñible e capacitado para organizar concertos e aforrar o custo desa encarga a un particular. Esta mañá, digo, foi un glorioso flashback aos 70, cando os ramistas pasaban pola casa de Ribadeo a recadar e despois publicaban dúas ringleiras, unha co nome e outra coa cantidade entregada, en La Comarca del Eo. Unha mañá, a miña nai non tiña máis ca 50 pesetas no peto da bata doméstica. O apelido Jaureguizar figuraba nos abismos da avultada lista de benefactores.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité