
Eu son moi visitón de igrexas. Valoro que me ofrezan unha combinación de arquitectura, escultura, mítica e espiritualidade nun único espazo. No entanto, a última vez que me adentrei nun templo católico, a miña actitude ficou lonxe de ser a noite escura na que entrei na miña casa sosegada que poetizou San Juan de la Cruz. A carraxe abriume dun portazo a parroquial de Santa María do Campo, en Ribadeo, e a ira levoume en cabalgadura desbocada ata o fondo da sancristía. A cabeza e os brazos do cura estaban atrapados con suave...
[Lire la suite]