Os irmáns cociñeiros Roca presumen nunha revista semanal que o aire a súa cociña recende a silencio, de que non dan berros nin provocan o choro impotente de ningún meritorio. Hai cen anos non se valoraba tanto o silencio. Todo era silencioso case que todo o tempo. A Hemeroteca de El Progreso advirte da estadía do afinador de pianos Manuel Freire en Lugo o 25 de agosto de 1913. Ribadeo, como porto internacional e vila de alento burgués, tiña na segunda metade do século XX un afinador residente. Cando estaba premendo nas teclas acompásabase coas sílabas: "Si-na-na. Si-na-na". Quedoulle Sinana, por moito que o resto do tempo, fose un bibliotecario público esixente dun silencio densamente harmónico.
Photo: Stride piano pioneer James P. Johnson had dreams of becoming a successful symphonic composer. William Gottlieb