Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
26 août 2013

PRISMÁTICOS PARA MIRAR CINEMA

ginsberg-leading-the-way-for-the-jazz-poets-in-65

Paco contoume que lle gustou a solemnidade elegante de Ribadeo na súa primeira visita, que o peor foi a costa que ascende dende o muelle de Porcillán ata o centro. Esa rúa chámase El Viejo Pancho, pero referinlle que o nome popular é Rúa das Angustias e as súas pernas golpeadas ben me entenderon. O poeta que presta alcume á esa tourmalette urbana naceu na parte alta, case nas Cuatro Calles, nunha casa na que colocaron hai décadas unha praca conmemorativa cun texto tan prolixo e confuso que non me estrañaría que fose dictado por Dionisio Gamallo. Non sería o primeira oportunidade nin o primeiro marmorista ao que o sabio ribadense desesperaba co seu perfeccionismo compositor de frases. El Viejo Pancho emigrou á Pampa de Uruguai, onde deu en escribir poesía gaucha ata erguerse en celebridade. No bo senso da palabra para os lectores, no malo para as lectoras. En Montevideo aínda houbo unha que me reprochou a miña conexión vilega co autor do verso "Mujeres y perros... tuitas son lo mesmo". Un home tratou de alivir o reproche saíndo ao paso cunha interpretación baseada no resentimento que aliviaba a misoxinia da frase, na que eu atopaba o nihilismo provocador de Gingsberg. Na casa natal de El Viejo Pancho, agora centro municipal, habitou un funcionario do ensino que gustaba de mirar películas de femias e machos espidos en cercanía e intercambio. Cando empezou a perder a vista, comprou uns xemelgos, que usaba ao revés do aconsellado, para axudarse na visión.

Photo: Gingsberg leading the way for the jazz poets (1965)

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 567
Publicité