
Paco contoume que lle gustou a solemnidade elegante de Ribadeo na súa primeira visita, que o peor foi a costa que ascende dende o muelle de Porcillán ata o centro. Esa rúa chámase El Viejo Pancho, pero referinlle que o nome popular é Rúa das Angustias e as súas pernas golpeadas ben me entenderon. O poeta que presta alcume á esa tourmalette urbana naceu na parte alta, case nas Cuatro Calles, nunha casa na que colocaron hai décadas unha praca conmemorativa cun texto tan prolixo e confuso que non me estrañaría que fose dictado por...
[Lire la suite]