Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
29 août 2013

SUCINTO ARGUMENTARIO SOBRE A NECESIDADE DE BOMBARDEAR EN SIRIA

romanos en moto

Non deixa de sorprenderme a oposición como categoría que aplica a esquerda mundial cada vez que Estados Unidos e Inglaterra deciden actuar para aforrar uns milleiros de mortos en calquera tempo e lugar. O principio de abstinencia bélica, inspirado polo rexeitamento a que incrementen a súa influencia no mundo atopa agora concreción en Siria. Eximir a Bassar Al Assad da condición de criminal masivo non parece viable nin sequera para os máis febrís opositores do imperialismo, porén pretenden que toda a proba de que o sátrapa sirio asasina aletoriamente a todo o que estea situado fóra dos seus tanques se leve a un extremo irrefutable. No canto de tratar de cortar de vez esta rea de inocentes morrendo día a día, pretende esixirse a Occidente un informe completo. Destas alturas do xenocidio, case que semella exquisito saber se usou gas ou bombas tradicionais. Ese requerimento dá vida á estratexia adiadora do ditador sirio, que atopa un novo colchón na meticulosidade que pretende Ban Ki Moon quen anda rogando, como quen ceiba un globo no aire, unha vía diplomática. O cuestionamento principal que leo aos opositores ao bombardeo é unha comparanza co caso das armas de destrución masiva en Iraq (coma se Saddam Hussein estivese contaxiado da bonhomía redentora do Subcomandante Marcos). O argumento fundamental é concretar o momento no que Occidente pasa a Al Assad da calificación de gobernante autoritario incómodo á de asasino insorportable. Cando criticamos os prazos dunha intervención militar nunca consideramos a conta de gastos e bágoas que representa, tanto en perda de vidas de soldados, como en cuestións menores como son os gastos operativos e as perdas de material. Certo que, a cambio, os atacantes melloran a imaxe na súa opinión pública e incrementan a súa influencia estratéxica na zona bombardeada. A consecución que urxe é que o ditador sirio cese na matanza e non as motivacións dos imperialistas. Cómpre que non se abran máis foxas comúns, o motivo é o menos importante. Se chegamos a preguntarnos polas razóns que desembarcaron no Día D en Normandía os nazis terían exterminado outros seis millóns de xudeos, homosexuais, xitanos e demáis persoas ás que pretendían extirpar a condición humana. Non negarei que a invasión causou milleiros de defuncións de alemáns alleos ao Tercer Reich, pero eu non atopo unha alternativa menos lesiva. Tampouco en Siria.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité