Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
30 août 2013

REFRESCAR A LINGUA

kubick neal

Andando os anos 80, cando se introduciu o galego na educación galega (soa ben raro) eu estaba por acabar o ensino medio. A lei de galificación consentía daquela a exención do estudo aos nacidos fóra do país. Albisquei un paraíso de dúas horas menos de clase naqueles cadrantes esgotadores e mesmo unha asignatura menos. Pero o meu pai exerceu a imposición lingüística e obrigoume a estudar este idioma, do que agora vivo e no que agora vivo. Hai outro pai que rexeitou un traballo en Vigo para que o seu fillo non padeza "unha cuarta inmersión lingüística". Como foi onda Galicia Bilingüe para informarse, dou por certo que eles ben se ocuparían de explicarlle que estudar valenciano e catalán non conta coma dobre inmersión; que estudar castelán (a súa lingua) é un inmersión doméstica necesaria e irrenunciable, e que o ensino do galego, nomeadamente en Vigo, está lonxe de poder catalogarse de inmersión, non pasa de ser unha chapuzadura en tres ou catro asignaturas para refrescar a lingua.

Photo. Stanley Kubrick and on making 'Barry Lyndon'

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 574
Publicité