Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
31 août 2013

O XERSEI GRANATE DE BENXAMÍN

a good man is hard to find

As cidades pequenas son torpes para as relacións persoais. Nunha urbe extensa podes ter por certo que non vas atopar un coñecido máis ca casualmente. Nas vilas sabes de que vas manter un contacto mesmo cos máis estomagantes veciños. O censo lucense de cen mil habitantes provoca esa incomodidade de sermos incapaces de atopar con máis frecuencia a quen nos resulta agradable e con menos os que se nos fan indiferentes ou rexeitables. Con Benxamín Casal acontecíame que todas as ocasións de darnos fala eran escasas. Cada vez que topabamos, Benxamín desenvolvía algunha idea relacionada cun artigo meu en El Progreso. O seu perfil vénseme con xersei granate, lentes limpos e sorriso felizmente inmutable. Ás veces albiscaba o seu xersei granate entre os andantes das rúas centrais de Lugo e non me desviaba na súa busca porque levaba présa ou estaba cargado co mal humor que me cubre como unha capa matutina que soamente me dou quitado tras a sesta. Hai tantas oportunidades como mañás, convencíame. Agora, sabendo o seu pasamento, arrepíntome de non desencamiñarme uns metros con máis frecuencia.

Photo. A good man is hard to find

 

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité