
As cidades pequenas son torpes para as relacións persoais. Nunha urbe extensa podes ter por certo que non vas atopar un coñecido máis ca casualmente. Nas vilas sabes de que vas manter un contacto mesmo cos máis estomagantes veciños. O censo lucense de cen mil habitantes provoca esa incomodidade de sermos incapaces de atopar con máis frecuencia a quen nos resulta agradable e con menos os que se nos fan indiferentes ou rexeitables. Con Benxamín Casal acontecíame que todas as ocasións de darnos fala eran escasas. Cada vez que...
[Lire la suite]