samedi 31 août 2013

O XERSEI GRANATE DE BENXAMÍN

As cidades pequenas son torpes para as relacións persoais. Nunha urbe extensa podes ter por certo que non vas atopar un coñecido máis ca casualmente. Nas vilas sabes de que vas manter un contacto mesmo cos máis estomagantes veciños. O censo lucense de cen mil habitantes provoca esa incomodidade de sermos incapaces de atopar con máis frecuencia a quen nos resulta agradable e con menos os que se nos fan indiferentes ou rexeitables. Con Benxamín Casal acontecíame que todas as ocasións de darnos fala eran escasas. Cada vez que... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:05 - Commentaires [0] - Permalien [#]

vendredi 30 août 2013

REFRESCAR A LINGUA

Andando os anos 80, cando se introduciu o galego na educación galega (soa ben raro) eu estaba por acabar o ensino medio. A lei de galificación consentía daquela a exención do estudo aos nacidos fóra do país. Albisquei un paraíso de dúas horas menos de clase naqueles cadrantes esgotadores e mesmo unha asignatura menos. Pero o meu pai exerceu a imposición lingüística e obrigoume a estudar este idioma, do que agora vivo e no que agora vivo. Hai outro pai que rexeitou un traballo en Vigo para que o seu fillo non padeza "unha cuarta... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 16:28 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 29 août 2013

SUCINTO ARGUMENTARIO SOBRE A NECESIDADE DE BOMBARDEAR EN SIRIA

Non deixa de sorprenderme a oposición como categoría que aplica a esquerda mundial cada vez que Estados Unidos e Inglaterra deciden actuar para aforrar uns milleiros de mortos en calquera tempo e lugar. O principio de abstinencia bélica, inspirado polo rexeitamento a que incrementen a súa influencia no mundo atopa agora concreción en Siria. Eximir a Bassar Al Assad da condición de criminal masivo non parece viable nin sequera para os máis febrís opositores do imperialismo, porén pretenden que toda a proba de que o sátrapa sirio... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:48 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mercredi 28 août 2013

PECHO OS OLLOS E DESEXO A VOLTA DE RAJOY

Veño de pechar os ollos e os puños, e premer con forza para concentrarme en que Rajoy e o seu equipo de asesores de comunicación rematen o delongado paseo que os leva de Ribadumia á Moncloa. Dubido que poida soportar o peso de afirmacións como a asinada polo Ministerio do Interior argumentando que as bandeiras nacionalistas galegas deben ficar fóra dos campos de fútbol "porque poden provocar unha reacción adversa e violenta" ou a boutade de Rafael Hernando de que é "un feito" que a República Española provocou a Guerra... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:52 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 27 août 2013

PORTEIROS E BEDEIS

A volta ao asentamento lucense é a volta á Biblioteca Provincial. Esta mañá un home vestido cunha camiseta vermella coa inscrición España en amarelo, berraba termando de catro libros grosos baixo o brazo. Entendo que eran para lelos el, pero o tópico facíame desconfiar. Gritaba ao azorado bibliotecario e discreto amigo a súa apreciación sobre a actividade profesional do porteiro de fútbol Diego López en perxuicio da do seu colega Iker Casillas. O asunto non debe de ser menor porque a semana pasada vin o principio e o remate dun... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 20:56 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 26 août 2013

PRISMÁTICOS PARA MIRAR CINEMA

Paco contoume que lle gustou a solemnidade elegante de Ribadeo na súa primeira visita, que o peor foi a costa que ascende dende o muelle de Porcillán ata o centro. Esa rúa chámase El Viejo Pancho, pero referinlle que o nome popular é Rúa das Angustias e as súas pernas golpeadas ben me entenderon. O poeta que presta alcume á esa tourmalette urbana naceu na parte alta, case nas Cuatro Calles, nunha casa na que colocaron hai décadas unha praca conmemorativa cun texto tan prolixo e confuso que non me estrañaría que fose dictado por... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:15 - - Commentaires [0] - Permalien [#]

dimanche 25 août 2013

O AFINADOR DE SILENCIOS

  Os irmáns cociñeiros Roca presumen nunha revista semanal que o aire a súa cociña recende a silencio, de que non dan berros nin provocan o choro impotente de ningún meritorio. Hai cen anos non se valoraba tanto o silencio. Todo era silencioso case que todo o tempo. A Hemeroteca de El Progreso advirte da estadía do afinador de pianos Manuel Freire en Lugo o 25 de agosto de 1913. Ribadeo, como porto internacional e vila de alento burgués, tiña na segunda metade do século XX un afinador residente. Cando estaba premendo nas... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:02 - - Commentaires [0] - Permalien [#]
samedi 24 août 2013

O MEU FUTURO DECIDIUSE NUNHA CANCHA DE BALONCESTO

 A miña primeira decisión sobre o meu futuro tomeina nunha cancha de baloncesto. Era unha tarde dos 18 anos recén inaugurados e botei varias horas en solitario, nun campo con canastras que aínda hai cerca da miña casa primeira, A Casa do Gato. Lanzaba o balón cara a canastra tratando de que encestar ou non me axudase a decidir sobre o meu futuro. Daquela prefería borralo de diante porque me parecía un libro que xa escrito polos meus pais. Cando o meu aita me preguntara sobre as miña intencións profesionais, eu farfullara algo... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 21:24 - - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 23 août 2013

UNHA ESGAZADURA NO TEMPO

As fotografías son esgazaduras na capa fina da Historia que nos asoman mesmo a tempos que non coñecemos. A imaxe de arriba está protagonizada por unha pandilla de trintaneiros vellos, aínda que, para min, está protagonizada polo meu pai (segundo pola esquerda) e máis a miña nai (primeira pola esquerda). Se solapamos esta fotografía dos anos 70 cunha miña no 2013 daríanos o absurdo de ser eu bastante máis maior ca eses dous rapaces que me tiveran cinco anos antes, en 1965. Aos meus pais reináballes nocturnear e deixaren constancia da... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 16:17 - - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 22 août 2013

MARTIN PAWLEY DESEGUIUME

  Martin Pawley deixou de seguirme en Twitter. Nada ten de extraordinario porque, cada día, hai varias persoas que me dan de baixa na súa columna de entrada. Nunca me informan dos motivos nin eu me tomei o traballo de preguntarllelos. Máis ca nada porque non cuestiono a ninguén pola razón que o anima a incribirse no meu TL. Cando se borran, dou por suposto que devín en serlles túzaro, que a miña pedantería acabou resultándolles cansante, que aborreceron do meu sentido do humor, que discrepan fondamente do meu ideario... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:51 - Commentaires [2] - Permalien [#]