Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
1 septembre 2013

A PROCLAMA DE SOUTOMAIOR

soldier

A proclama de Soutomaior mudou o meu ánimo consumista. Foi escoitar a Rajoy erguendo o queixo e sentir a Henrique V arengando ás tropas: "Nós poucos, nós poucos felices, unha banda de irmáns!..." Os compradores actuamos segundo as cifras macroeconómicas. Se son descendentes, comemos pan duro; se son positivas, lanzámonos a que medre o IVE. Logo de que Rajoy encendese a miña alma co seu discurso flamíxero e inconsistente -"prometo que anunciaré"-, corrín mercar cinco libros de Maigret que nos editara Luis Caralt en peto. George Simenon estaba en rebaixas en Ribadeo e non se pode desprezar o pulo derrochador. Había anos que non mercaba Maigrets. A última vez foi a un señor apodado perversamente O Peidón. O maior suceso que contan del aconteceu nos anos 50. Antonio Machín está cantando no Teatro ribadense ateigado de espectadores, con devotos seguidores nos corredores e temor a que a presión da xentalla precipitara alguén dende o galiñeiro. Dos gardenias para ti, con ellas quiero decir... E soa un trono estrondoso, do Shakespeare de A tempestade. Machín cala, asustado. Os músicos fican paralizados pola cacofonía. As últimas notas quedan suspendidas no aire ata esmoreceren. Un silencio feroz. Un valente, un dos poucos felices, érguese no medio da platea impelido polo peso enculpador do seu alcume e berra: "Eu non fun!" 

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité