dimanche 1 septembre 2013

A PROCLAMA DE SOUTOMAIOR

A proclama de Soutomaior mudou o meu ánimo consumista. Foi escoitar a Rajoy erguendo o queixo e sentir a Henrique V arengando ás tropas: "Nós poucos, nós poucos felices, unha banda de irmáns!..." Os compradores actuamos segundo as cifras macroeconómicas. Se son descendentes, comemos pan duro; se son positivas, lanzámonos a que medre o IVE. Logo de que Rajoy encendese a miña alma co seu discurso flamíxero e inconsistente -"prometo que anunciaré"-, corrín mercar cinco libros de Maigret que nos editara Luis Caralt en peto. George... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 13:22 - Commentaires [0] - Permalien [#]