Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
2 septembre 2013

A GABARDINA DE H. G. WELLS

 

hartnell

Os remanentes para viaxar foron desaparecendo coa desfeita económica, pero hai tres anos convidáronme a gozar dunha semana en Bloomsbury Way, nun apartamento entre o Museo Británico e o Museo da RAF, un lugar intensamente londinense. Logo de chegar, desaparecín da familia grupal impelido pola mítica do Grupo de Bloomsbury. Christopher Hitchens describe esa mesma emoción vertixinosa cando acudiu ao barrio para empezar a asinar crítica literaria no New Statesman. O xornalista conta en Hitch-22 (Debate) a expectativa mareante de incomodar a George Bernard Shaw ou Bertrand Russell cando baixan as escaleiras tras entregar un artigo e mesmo o delirio de conseguir vestir a gabardina que H.G. Wells esqueceu eternamente no percheiro da redacción. Contábase que transpiraba o discurso fascinante do escritor, polo que, se se paseaba pola rúa, as mulleres todas cedían na entrega sen forzas para recompoñeren a dignidade. A quintaesencia das mitoloxía urbana masculina.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité