Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
5 septembre 2013

EXTINCIÓN 2046

 

The-Rat-Pack-from-behind

Ás veces imaxínome no 2046. A cifra é aleatoria. Supoño que se me ocorre pola película de Wong Kar Wai. Hai un señor co que me cruzo moitas veces na redonda do meu traballo. Representa máis de sesenta anos, o seu corpo é esvelto e forte, pero a cara non lle casa ben. Semella que tivese sufrido un ataque de pitbulls feroces, se sometera a un implante e que, por erro, lle colocaran unha faciana destinada a outro paciente. A súa cara está inchada, caenlle as fazulas coma plastilina para facer un sambernardo. Disimula todo ese derrube cun moreno de reflexos verdosos que nada ten de natural. Cando menos, é tan pouco natural coma a melena de bronce amarelecido. Vai fumando un xaruto longo coma media xabalina e que deixa un ronsel queimado. Ás veces, atópoo na terraza do Centro, lendo La Razón e tomando un café con xelo. Cada volta que nos coincide penso en que tamén quero vivir a vellez con esas certezas: cun habano nunha man e un xornal conservador na outra. Son as armas que un lle pode apoñer á certeza da extinción.

Photo: The Rat Pack from behind

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité