Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
6 septembre 2013

AS VOCES DEPORTIVAS

old football

 

Non coñezo as caras dos xornalistas deportivos. As voces, si. Soan pola radio na sobremesa dourada dos domingos. Teño un aparello que me regalou José Manuel Lara por irlle a un acto literario de Planeta. Lara nin o sabe nin lle inquieta nas sobremesas nas que chasquea a lingua desesperado pola lentitude do servizo doméstico. Grazas ao editor quito brillo á vitrocerámica sen que me angustie a soedade do porteiro ante o penalti. Castaño, Ponseti ou Xoán Galán comentan para min eses partidos que non  seguiría se o meu fillo Antón non me preguntase resultados de xeito aleatorio e inadvertido. Mateo Fernández, de Punto Pelota, explicoume que saía de copas con Siro López ou con Tomás Roncero. El era unha cara B. «Son admirados coma futbolistas, tócanos, fanse fotos con eles, pídenlles sinaturas», díxome. Razoei que os futbolistas debían limitarse a xogar, e deixar as cámaras a adestradores e xornalistas. Mateo levaba razón: horrorizoume sentir a voz dun periodista deportivo anunciando xamón. Acouguei cando o Madrid fichou a Bale. Florentino, tan veneciano, logo dividiu 100 millóns de euros entre 100 euros por cada camiseta. A recuperación por parte dos deportistas do seu brillo co galés devolveume á miña vitrocerámica, a esa radio prestosa que me regalou Lara. O editor de Planeta aínda non descubriu que, en vez de camisetas, podía empezar a vender transistores asinados por Siro López e Roncero.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité