vendredi 6 septembre 2013

AS VOCES DEPORTIVAS

  Non coñezo as caras dos xornalistas deportivos. As voces, si. Soan pola radio na sobremesa dourada dos domingos. Teño un aparello que me regalou José Manuel Lara por irlle a un acto literario de Planeta. Lara nin o sabe nin lle inquieta nas sobremesas nas que chasquea a lingua desesperado pola lentitude do servizo doméstico. Grazas ao editor quito brillo á vitrocerámica sen que me angustie a soedade do porteiro ante o penalti. Castaño, Ponseti ou Xoán Galán comentan para min eses partidos que non  seguiría se o meu... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 03:48 - Commentaires [0] - Permalien [#]