Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
9 septembre 2013

O HOME QUE TENDE A CAIXA DE ZAPATOS

Bull-Lede

Todo o que me informou o amigo do amigo que me acollía na casa de Duque de Sevilla esquina Príncipe de Vergara, en Madrid, era que íamos a un gratis. Un gratis era unha festa doméstica exenta de bote común, o evento máis cobizado cando tes vinte anos e irresponsabilidade abonda como para que o teu pai siga dándoche paga. Un amigo do amigo do amigo permitiu a medio cento de persoas asolagar un chalet precioso, en branco e cristal, moi A-Cero. No medio da festa, antes de que dous amigos de amigo se espisen ao ritmo voluptuoso de You can leave your hat on, vimos a un home alto de pelo moreno de hombros sobresaíntes coma gárgolas paseándose cunha caixa de zapatos baleira que tendía aos asistentes ao presunto gratis. Era o amigo do amigo do amigo que poñía o chaletazo. Eu, certo da literalidade do convite, a penas levaba uns duros no peto máis pequeno do vaqueiro. Diante do avance daquel zombi sorrinte, pero esixente, o meu amigo e máis eu abandoamos o intento de convencer a tres rapazas de que traballabamos na fábrica de galletas de Aguilar de Campoo -somos xornalistas, temos licenza para manipular briografías- e saímos correndo cara a unha sebe, onde botamos media hora cumprida sen unha mísera Mirinda. Pasadas unhas semanas enfocaron o Home da Caixa de Zapatos na Primeira, xogando co Estudiantes. O sábado tratei de saber era membro do COI ou era uns 18o Fillos de San Luís do COE. Non o vin, pero si a Ana Botella. Lembroume a min mesmo nesa festa, celebrando "o modo español de entender a vida": diversión a eito con cartos alleos, café con leche in the Plaza Mayor que pagamos os contribuíntes y su santa madre. O peor non foi a preparación exhibida diante do mundo pola  alcaldesa, nin o señor que falou pola Coroa -foi do salvable-. O peor foi a altura intelectual do home ao que si eleximos entre todos, ese que gañou unhas únicas eleccións, pero fixo pleno porque chegou a presidente do Goberno español. O mito platónico da caixa de bombóns de Forrest Gump pareceume sempre filosofía para unha praia de Benidorm en agosto, pero o horror é descubrir que o presidente do goberno do estado no que vives, recorre a ese argumentario: ás veces se gaña, ás veces se perde, pero hai que erguerse porque Jesusito está ahí, mirándonos, que me advertían as monxas de párvulos en Ribadeo.

Photo: Bull-lede

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité