lundi 9 septembre 2013

O HOME QUE TENDE A CAIXA DE ZAPATOS

Todo o que me informou o amigo do amigo que me acollía na casa de Duque de Sevilla esquina Príncipe de Vergara, en Madrid, era que íamos a un gratis. Un gratis era unha festa doméstica exenta de bote común, o evento máis cobizado cando tes vinte anos e irresponsabilidade abonda como para que o teu pai siga dándoche paga. Un amigo do amigo do amigo permitiu a medio cento de persoas asolagar un chalet precioso, en branco e cristal, moi A-Cero. No medio da festa, antes de que dous amigos de amigo se espisen ao ritmo voluptuoso de You... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 22:49 - Commentaires [0] - Permalien [#]