
Ás veces discuto coa muller pola xeografía. "Cando vas quitarme as montañas de libros de detrás das portas?" A verdade é que teño varios peares de libros na casa: tres sobre a mesa ampla de despacho sobre a que escribo, dous contra unha porta inamovible do salón no que escribo e tres sobre a mesa de noite na que soño, que é cuspidiña ás que amoreaba Julio Camba no Palace. Pola casa de Lugo hai tamén dous armarios de parede con libros e varios andeis independentes, que son tan longos que se prolongan quilómetros chegando, sei...
[Lire la suite]