Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
11 septembre 2013

A MINORÍA SILENCIOSA

fotografo-bodas-barcelona-pili-elias_075

Nesta medianoite descendín as escaleiras do sono escoitando na radio ao director de El Periódico, Enric Hernández, e outros opinadores. Hernández argumentaba que os cataláns designaran un Parlament cun 85% de representantes favorables a que Cataluña decidise se quería continuar en España ou ser un estado de seu. Os dialogantes retrucáronlle que no país do Oriente "había unha maioría silenciosa" que non se pronunciara. Hernández consideraba excesivo erguer á categoría de "maioría silenciosa" un 15% dos votantes. Pero non resultou convicente porque os interpelados seguían tirando da súa idea de que unha maioría"sensata quere seguir como estamos". A maioría silenciosa é unha das entelequias máis recorrrentes dese periodismo que avoga polo status quo mentres sexa da súa aprobación; de non selo, estamos forzando a vontade dunha maioría da poboación que "está a cousas máis importantes". Poucas cousas máis importantes pode haber ca o destino do colectivo ao que pertences. De calquera xeito, os seus defensores presumen que "a maioría silenciosa" ten unha opinión común e consonte aos seus argumentos. Enric Hernández lembrou "o pacto Cataluña-Estado sobre o Estatut aprobado polo 70% dos cataláns", esborranchado por unha minoría silenciosa que vota no Constitucionall.  A solución non deberían as convicións ideolóxicas, baseadas na lexislación, que emitan uns xuíces, senón un diáologo discreto sobre a base dunha recuperación do Estatut aprobado. A secesión catalá ten todo o aspecto de ser unha aventura, pero soamente a eles debería atinxir o dereito a emprendela para acertar ou equivocarse. Todo o demáis -especialmente esa idea de que o referendum debe ter ámbito español- é adiar o problema unha e outra volta.

Photo: Pili Elías

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité