Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
16 septembre 2013

A DISTOPÍA DE FERNÁNDEZ ALBOR

 

wheatcroft_1-020713 chuchill

O Partido Popular de Galicia trata a Gerardo Fernández Albor coma a eses maiores os que se leva á voda da neta por non deixalo na casa. Séntano nunha das esquinas da longa mesa de banquete e ninguén lle fai demasiado caso, se cadra se lle dá algo de fala de camiño ao servizo. O PPdeG inaugurou o sábado o curso político na Coruña e levou ao ex presidente para completar cartel. Como ninguén semellou escoitalo, eu pareime a ler a súa mensaxe. Antes de reflexionar sobre a súa intervención, permitan un receso. Advertirei que teño a Fernández Albor en tanta estima como a un columnista de Ribadeo que acudía á Biblioteca, onde rexía Sinanacando quería publicar un texto. Miraba entre os libros nomes de clásicos españois (Cervantes, Lope de Vega, Calderón de la Barca,...) e copiaba frases eufónicas. Despois, podían lerse reproducidas nos seus artigos tan profusa coma desubicadamente. Albor tirou onte da única cita de Churchill que os tertulianos coñecen (a democracia como o mellor dos peores sistemas políticos) para pedir á audiencia que imaxinase o que lles agardaría "se non existise o PP". Dese curioso paralelismo dialéctico dedúcese que o PP é o mellor dos peores partidos políticos. Pero ben, imaxinemos Galicia sen a formación conservadora, con ese amor polo bandeirío que ten a nosa dereita dende que a lideraba Pardo de Cela. Galicia tería sido un país máis ingobernable. A solución estaría na dereita porque os galegos adoran o status quo e, como bos bávaros, nunca votarán maioritariamente a unha forza progresista. Fraga unificou os conservadores e/ou os galeguistas. Primeiro, mediante o mandado Albor; despois, en persoa, saciando parcialmente as súas aspiracións carolinxias. De non escapallarlle o vilalbés á recorrente frustración da Carrera de San Jerónimo, Galicia tería sido un país máis moderno e menos previsible para Madrid. No plano dos persoeiros, Vitorino, Baltar e Cacharro conformarían gobernos en Santiago tras pactos entres os seus dominios. O positivo sería que reequilibrarían o país cunha forza de Lugo e Ourense, agora tan desprezadas no Atlántico. 

Photo: Winston Churchill e a súa filla Mary a piques de confirmar a liberación de Londres (1943)

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité