lundi 16 septembre 2013

A DISTOPÍA DE FERNÁNDEZ ALBOR

  O Partido Popular de Galicia trata a Gerardo Fernández Albor coma a eses maiores os que se leva á voda da neta por non deixalo na casa. Séntano nunha das esquinas da longa mesa de banquete e ninguén lle fai demasiado caso, se cadra se lle dá algo de fala de camiño ao servizo. O PPdeG inaugurou o sábado o curso político na Coruña e levou ao ex presidente para completar cartel. Como ninguén semellou escoitalo, eu pareime a ler a súa mensaxe. Antes de reflexionar sobre a súa intervención, permitan un receso. Advertirei que teño... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:16 - Commentaires [0] - Permalien [#]