jeudi 19 septembre 2013

OS AVOGADOS E AS CIDADES

  Xaime da Pena é avogado.  Porén, nunca me nega tres ou cinco  minutos do seu intenso tempo laboral para falarme amablemente cando nos atopamos no Cantón, ese foro que o Concello de Lugo acastelanizou como Praza Maior (sic).  Veño de conversar con Xaime, e como adoito,  introducín o meu asunto favorito: o ritmo da cidade.  O vagarento acordar que nunhas tramas urbanas supón unha hora e media, en Lugo anda polas tres. A iso das 11 da mañá co sol rematando de erguerse no ceo, a vida parece botarse fluír... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:19 - Commentaires [0] - Permalien [#]