Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
22 septembre 2013

UNHA MEDIA DE 0,3 MANIFESTOS

manifestos

A media de manifestos a asinar que recibo ao día no Facebook é de 0,3. A miña opinión sobre  os sobresoldos opacos, Jordi Pujol Jr. e algúns andaluces de semellante ética aleatoria é nídia, pero resístome a poñer o meu nome baixo o de centos de persoas ás que non me presentaron nin o farán porque as nosas xeografías de intereses distan océanos. Julio Camba estaba certo (Maneras de ser periodista, Libros del KO), de que os manifestos son covachas que agochan escritores inéditos para saciar os anceios de ver un texto seu publicado. Camba ceibaba esa maldade cando internet non era o redimidor de autores rexeitados. Desbotada esa motivación, asinto a pedir que o «xenocidio de Ruanda non se repita en Birmania», pero desconcértame que a alacantina Conchín Cueva  —incapaz de debuxarse o mínimo perfil de quen son— reclame a miña sinatura en Change.org. Non todo son causas remotas. Caridade Sanz avoga por «salvar a colección de arte de NovaGalicia Banco» e o beintencionado Pere Tobaruela aposta a que reúne 10.000 persoas que afirmen que «ler en galego» é bo. Desconfío de que haxa unha maioría silenciosa de galegos preocupados pola espectular colección e aínda máis de que 10.000 estean dispostos a ler na lingua do país: deixómolo nun sobrio dispostos a ler con hábito. Galicia ten dimensións intelectuais cativas dende tempos de Sarmiento. Aprobo ambas as iniciativas, pero son incrédulo na aplicación. Minto cando digo que nunca apoio causas. Hai destemidos, como Francisco López, que tanto me pide simpatía para Autocares García como que pique un ‘gústame’ en Bricolelige. Pérdeme a tenrura.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité