Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
21 septembre 2013

UN DISCURSO ECUESTRE

tony

Esperanza Aguirre está elevando o cinismo á categoría de delicatessen. Onte, facendo as 11 cun café e o que a ex presidenta de Madrid dicía oxoves no Círculo Ecuestre de Barcelona, acordei dun editor de prensa que me daba unha agradable confianza. Cando o partido que gobernaba no seu territorio cambiou, pregunteille: "Que vai facer agora cos xornais?" Miroume compasiva e ironicamente, chascou a lingua e soltoume: "Que cres que vou facer? Cambiar de cabalo". Deume rabia non lembrar, antes de cuestionar a súa lealdade, daquela facilidade coa que Robert Mithcum cambiaba o cabalo por outro nunha pousada calquera, coma se os cabalos non fosen animais diversos, senón obxectos idénticos de valor exacto. A expresidenta de Madrid, tras escribir volumes de improperios afeando Cataluña e a súa circunstancia, decidiu que falar en Barcelona requiría ofrecer un punto de vista distinto, un contraplano ao seu plano centralista. Usou a súa frase favorita, pero por pasiva: "Hai que catalanizar España". A dedución é que Aguirre adapta o discurso ás circunstancias, como presumía Keynes presentando un fondo de honestidade, coa diferenza de que ela non necesita percorrer cincocentos quilómetros dende o centro da Meseta ata a Costa Mediteránea en tren, como o economista, nin sequera a cabalo, como Mitchum. O seu voo tarda unha hora, que é a medida temporal para un cambio nas súas circunstancia. Cando lle preguntaron polo seu abano de rexistros interpretativos, o actor atallou explicando que tiña "dous, con cabalo e sen cabalo,". Polo que lin ás 11, Esperanza Aguirre tamén ten dous.

 

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité