Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
25 septembre 2013

UNHA VELADA EN LA BILBÁINA

american masters

A miña nai fala dos Borbón restándolles unha letra. Chameina a noite pasada para preguntarlle se a súa amiga condesa de Icaza da que nos falara tantas veces era familiar de Sonsoles de Icaza, a amante de Serraño Suñer que anda nos comentarios e nas memorias co gallo do interesante libro que vén de quitar Nieves Herrero,Lo que escondían sus ojos. Herrero vén de contar o amor de dúas persoas casadas, cadaquen con cadansúa parella, que deu como consecuencia Carmen Díez de Rivera, a eficaz deputada socialista. A cativa foi a excusa de Franco para anular a un ministro que o superaba en intelixencia. A miña nai non coñecía a Sonsoles, era amiga de Covadonga de Icaza naquel Bilbao que era tan recollido que as clases medias se encontraban con naturalidade coa nobleza media. Covadonga foi quen lle presentou ao daquela Príncipe de Asturias, que chegara embarcado canda os compañeiros da Armada dende Marín. Nin a miña nai nin o mariño do pelo rizo sentiron o máis infimo interese mutuo. O cadete ascendeu a Rei e amosou non ser tan aloulado como percibira a miña nai naquela noite en La Bilbáina(ela pronúnciao dese xeito). Aceptou a celada que lle argallou Franco ao pai para saltar a quenda dinástica nunha manobra que agora el está evitando que reproduza Felipe. A xefatura do Estado non pode residir nun hospital nin estar convalecente durante meses. Aproveitando este asomo cara a unha necesidade de cambio, poderíamos conducir ata o extremo o carácter simbólico da monarquía. Ë tempo de comezar unha transición regulada que desemboque, dentro dun ano, nunhas eleccións republicanas, un sistema igualitario entre os cidadáns consonte a este segundo milenio no que todo se resolve no ámbito virtual e simbólico.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 574
Publicité