Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
26 septembre 2013

A IMPUTADA QUE LÍA A HANNAH ARENDT

31july1968_lbj_robb_lbjl

O título deste comentario semella propio dunha novela da serie do ladrón Bernie Rhodenbarr de Lawrence Block. Si, a imputada de Santiago lía a Hannah Arendt; unha mostra máis desa grande mentira que lles contamos aos nosos cativos de que a ler nos fai mellores persoas. Ler a Arendt, a campioa da ética e da antiviolencia, non vacina contra mal ningún. A filósofa xa o explicou: todas as nosas prevencións sobre o mal poden quedar anuladas por unha finalidade que percibimos como determinante, pode ser a execución dun plan estatal, como Eichmann, ou algo tan privado como unha fortuna. Un deber colectivo de prazo curto e o benestar para resto da vida. A finalidade é a diferente, pero queda diluída que o medio é o mesmo erradicar a vida doutros.

Bonus track: Bernie Rhodenbarr

Publicité
Publicité
Commentaires
J
Non coñezo persoalmente á imputada de Santiago. É moi habitual, confío en que a vostede tamén lle aconteza, que fale ben ou mal de persoas ás que non coñezo. A maiores, se a imputada para a ser condeada, é probable que a miña opinión sobre ela empeore considerablemente. De calquera xeito, por moita transcendencia que lle queira dar ao meu comentario, non pasa de ser iso. Isto é un blog non un xuzgado de garda.
Répondre
E
Mal señor Jaureguízar. Coñece vostede persoalmente á "imputada de Santiago"? Se a resposta é non, pregúntese a si mesmo como é que sabe a estas alturas (sen condena, nin xuízo, nin acusación formal sequera) que a señora é boa ou mala persoa.
Répondre
E
Mal señor Jaureguízar. Coñece vostede persoalmente á "imputada de Santiago"? Se a resposta é non, pregúntese a si mesmo como é que sabe a estas alturas (sen condena, nin xuízo, nin acusación formal sequera) que a señora é boa ou mala persoa.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 574
Publicité