Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
27 septembre 2013

A ESFERA E O LINCHAMENTO

 

weegee-1940

Santiago leva meses de proxección no ámbito informativo estatal. Primeiro, por Angrois; agora, pola morte de Teo. Os xornalistas deben facer o seu traballo no campo no que se produce. O accidente do tren aconteceu nun espazo público, que foi o pateado polos informadores; mentres que o presunto homicidio dunha nena  tivo lugar nun espazo privado, polo que os informadores tiveron que asomarse á intimidade dunha familia. O xornalista debe achegar todos os puntos de vista dun aconcemento. Houbo dous medios que optaron por non informar catalogando o asasinato dunha nena como suceso. Hai xornais que exclúen os sucesos. Cada medio decide os temas que transmite, aínda que eu pense que a repercusión social do caso de Teo ultrapasa a condición de suceso pola convulsión que causou na sociedade. Discrepo en que se poida establecer unha categorización dos acontecementos en función de se se produciron nunha vía ao aire libre ou nun domicilio. Independentemente dos erros que se poidan dar -certo que algúns voluminosos-, hai cidadáns que queremos que se nos acheguen todos os datos posibles para poder facer o noso xuizo íntimo do sucedido tanto en Angrois como en Teo. No caso de Asunta Basterra non podemos estar preguntádonos o por qué e, asemade, condear aos que nos acheguen datos para comprendelo. Como non somos xuíces, a nosa avaliación interior dos feitos non vai ter consecuencias de entidade. A opacidade informativa que defenden moitos en razón a criterios éticos na morte de Teo tería fomentado a barbarie dos promotores da Lei de Lynch que berraban na rúa durante os rexistros. A maiores, desatende a compaixón que nos debe provocar unha nena que puido ser vítima da máis grave crueldade. Paralelamente a toda esta argumentación, non deixo de ler o acertado comentario de Manuel Gago a respecto que os investigadores non pecharon axeitadamente a esfera da confidencialidade, pero é probable que esas fugas de información sexan controladas para darlle pulo ao caso. Aínda que, calquera que sexa a orixe das fendas, o labor dos xornalistas é procuralas. 

Photo: Weegee (1940)

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité