
Son anuncios do Outono, como as choivas, pero non caen sobre ti aínda que trates de evitalas. Son máis sutís. Tes que fixarte nelas. Maniféstanse con raias curtas e vermellas que alguén pinta de noite na Avenida de Ramón Ferreiro, o boulevard que cruza Lugo dende a Porta do Bispo Odoario ata A Tolda, segundo os viaxeiros marchan cara a Madrid. Os antecedentes das festas de San Froilán son furgonetas magoadas, con pegatinas rastas e cristais opacos, habitadas polo misterio, que se aparcan para quedar. Ao tempo, van aparecendo grupos...
[Lire la suite]