lundi 30 septembre 2013

AS FRONTEIRAS VERMELLAS DE EUROPA

Son anuncios do Outono, como as choivas, pero non caen sobre ti aínda que trates de evitalas. Son máis sutís. Tes que fixarte nelas. Maniféstanse con raias curtas e vermellas que alguén pinta de noite na Avenida de Ramón Ferreiro, o boulevard que cruza Lugo dende a Porta do Bispo Odoario ata A Tolda, segundo os viaxeiros marchan cara a Madrid. Os antecedentes das festas de San Froilán son furgonetas magoadas, con pegatinas rastas e cristais opacos, habitadas polo misterio, que se aparcan para quedar. Ao tempo, van aparecendo grupos... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 15:53 - Commentaires [0] - Permalien [#]

dimanche 29 septembre 2013

UNHA BALEA VARADA NA CULTURA LÍTICA

  OS HISTORIADORES e os enterradores son os únicos que traballan sobre seguro. A crise económica, con a súa crueldade sen tregua, volveunos a todos un chisco historiadores e bastante enterradores. Agora que xa gastamos todos os sobrantes das fenomenais colleitas da década pasada e vivimos nos violentos anos 10 somos quen de colocar indicadores vermellos no punto en que empezou o lume e nos lugares de expansión dese incendio que queimou o nosos montes de riqueza. Con esta perspectiva sabemos que a Historia máis recente de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 16:02 - Commentaires [2] - Permalien [#]
samedi 28 septembre 2013

TES MOITO QUE MADURAR

A MOCIDADE está sobrevalorada. Recupero unha expresión que deixou de utilizarse ao quedar tamén sobrevalorada porque esa é a idea que me xurdiu coa lectura de Mocidade, a segunda novela da serie íntima de J. M. Coetzee da que Rinoceronte tamén publicou o antecendente Infancia e a consecuente Verano. Existe unha convención de que o tramo mellor da vida é o primeiro. Eu lembro toda unha longa pasaxe da miña infancia queimando calendarios na cociña bilbaína coa ansiedade de cumprir 18 anos para poder ser maior de idade a ollos dos... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 22:33 - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 27 septembre 2013

A ESFERA E O LINCHAMENTO

  Santiago leva meses de proxección no ámbito informativo estatal. Primeiro, por Angrois; agora, pola morte de Teo. Os xornalistas deben facer o seu traballo no campo no que se produce. O accidente do tren aconteceu nun espazo público, que foi o pateado polos informadores; mentres que o presunto homicidio dunha nena  tivo lugar nun espazo privado, polo que os informadores tiveron que asomarse á intimidade dunha familia. O xornalista debe achegar todos os puntos de vista dun aconcemento. Houbo dous medios que optaron por... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 14:06 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 26 septembre 2013

A IMPUTADA QUE LÍA A HANNAH ARENDT

O título deste comentario semella propio dunha novela da serie do ladrón Bernie Rhodenbarr de Lawrence Block. Si, a imputada de Santiago lía a Hannah Arendt; unha mostra máis desa grande mentira que lles contamos aos nosos cativos de que a ler nos fai mellores persoas. Ler a Arendt, a campioa da ética e da antiviolencia, non vacina contra mal ningún. A filósofa xa o explicou: todas as nosas prevencións sobre o mal poden quedar anuladas por unha finalidade que percibimos como determinante, pode ser a execución dun plan estatal,... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 16:05 - Commentaires [3] - Permalien [#]
mercredi 25 septembre 2013

UNHA VELADA EN LA BILBÁINA

A miña nai fala dos Borbón restándolles unha letra. Chameina a noite pasada para preguntarlle se a súa amiga condesa de Icaza da que nos falara tantas veces era familiar de Sonsoles de Icaza, a amante de Serraño Suñer que anda nos comentarios e nas memorias co gallo do interesante libro que vén de quitar Nieves Herrero,Lo que escondían sus ojos. Herrero vén de contar o amor de dúas persoas casadas, cadaquen con cadansúa parella, que deu como consecuencia Carmen Díez de Rivera, a eficaz deputada socialista. A... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 10:23 - Commentaires [0] - Permalien [#]

mardi 24 septembre 2013

A TRISTEZA DEMOCRISTIÁ DA MIÑA AVOA

  Unha foto de Angela Merkel contra o remate da campaña devolveume a miña avoa materna. A presidenta alemá estaba soa, aillada no medio dunha nevarada de globos e serpes de papel que se descolgaban inofensivas, sorrindo porque rematara a encarga que se propuxera, triste polo cansanzo e porque volvía a cargarse de responsabilidade sobre un gran país. A miña avoa Aurora tiña ese corpo ancho, poderoso e merkeliano, coma se Alemaña puidese personificarse. O seu físico ía canda unha vontade infinita para redobrar a súa vontade. Os... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 07:55 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 23 septembre 2013

O SARXENTO QUE LÍA A HOBBES

O último sarxento que mandou na Garda Civil da Pontenova debía de ler a Hobbes. Se non o facía, levaba as trazas todas. A semana pasada marchou tras catro anos á fronte do posto e os veciños agradeceron todas as reprimendas e cada unha das multas individuais que lles impuxo. Os condutores locais confesaban viviren rexidos por unha cómoda liberadade individual ampla e unha colectivamente incómoda Lei Natural; escribo Natural porque se reproduce coa mesma naturalidade en Lugo, cun libre albedrío para aparcar prohibidos ou/e en dobre... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 16:02 - Commentaires [1] - Permalien [#]
dimanche 22 septembre 2013

UNHA MEDIA DE 0,3 MANIFESTOS

A media de manifestos a asinar que recibo ao día no Facebook é de 0,3. A miña opinión sobre  os sobresoldos opacos, Jordi Pujol Jr. e algúns andaluces de semellante ética aleatoria é nídia, pero resístome a poñer o meu nome baixo o de centos de persoas ás que non me presentaron nin o farán porque as nosas xeografías de intereses distan océanos. Julio Camba estaba certo (Maneras de ser periodista, Libros del KO), de que os manifestos son covachas que agochan escritores inéditos para saciar os anceios de ver un texto seu... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:25 - Commentaires [0] - Permalien [#]
samedi 21 septembre 2013

UN DISCURSO ECUESTRE

Esperanza Aguirre está elevando o cinismo á categoría de delicatessen. Onte, facendo as 11 cun café e o que a ex presidenta de Madrid dicía oxoves no Círculo Ecuestre de Barcelona, acordei dun editor de prensa que me daba unha agradable confianza. Cando o partido que gobernaba no seu territorio cambiou, pregunteille: "Que vai facer agora cos xornais?" Miroume compasiva e ironicamente, chascou a lingua e soltoume: "Que cres que vou facer? Cambiar de cabalo". Deume rabia non lembrar, antes de cuestionar a súa lealdade, daquela... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 08:45 - Commentaires [0] - Permalien [#]