Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
1 octobre 2013

MORBOSOS, MANIPULADORES, ETC.

tiburón

A profesora de Xornalismo da USC Carme Hermida vai pedir un cometido diferente. A súa decisión perténcelle, pero sorpréndeme de que nolo anuncie en Facebook. Podo comprender o desánimo diante desta carreira informativa de polos descabezados que padecemos dende a aparición do cadáver en Teo, pero non que un profesional da comunicación desprece a consecuencias dun contido nas redes sociais. Informa Hermida de que "persoal e profesionalmente" carece de "forzas para investilas na formación de persoas que sabes seguro que VAN CONVERTER en seres morbosos, manipuladores, mentireiros, desprezativos, pagados de si mesmos e irreflexivos". Polo que interpreto, padeceu unha proxección con trazas de visión na que se lle presentan os alumnos asustando con micrófonos a todo canto ser humano teña relación, mesmo tanxencial, cun suceso. A súa distopía amósalle que, a volta duns anos, serán profesionais sen paradura ética. Coñezo unha manchea de exalumnos da profesora e podo tranquilizala garantindo que o seu perfil non responde á súa angustia. Como entendo que unha previsión a medio prazo non é motivo abondo para anular as súas clases en Xornalismo, presumo que "morbosos, manipuladores, etc." son resultados dunha 'analítica' feita aos periodistas exercentes. Castígaos cun suspenso xeral saltándose o preceptivo exame. Daquela, en ausencia de distingos pola súa banda e rendido ao sofisma pola miña, supoño que Hermida debería dimitir como concelleira de Anova en Teo. A política supera cunhas cantas cabezas de vantaxe ao xornalismo en seres "manipuladores, mentireiros, pagados de si mesmos, etc." Porén todo o exposto, confío en que Carme Hermida non actúe dese xeito tan "irreflexivo" que ela acha nos xornalistas e que rectifique continuando o seu labor educativo e político. Tampouco sobra unha desculpa cos seus compañeiros de facultade, que contruibúen canda ela, a formar aos futuros periodistas.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité