Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
2 octobre 2013

"OUSARÁN DICIR: 'ESE HOME É UN IMPOSTOR?"

Basketball_Shoes_2007_001_001595

O fundador de La Repubblica Eugenio Scalfari recoñecía onte cunha voz de fumador terminal que non acreditaba cando sentiu a voz do papa Francisco aceptando a petición de entrevista que lle cursara. Hai que situar a escea: un representante dun diario laico solicitando ao pontífice que o atenda é case tan iluso polo ateísmo como pola altura social do personaxe. Son as coñecidas como Peticións Retóricas de Entrevista, que se fan por rigor profesional, pero con conciencia da resposta segura e negativa.O motivo de acceder por parte de Bergoglio é evidente. Decidido a derrubar as estruturas de poder vaticano para reedificar outras, actúa coa lóxica que lle explica Sarto a El Rei na película O prisioneiro de Zenda: "Como han denuncialo a vostede sen denunciárense a si mesmos? Ousarán dicir ao país: 'Ese home é un impostor, porque ao verdadeiro rei témolo nós prisioneiro?" Ás veces os medios de comunicación poden compensar algúns excesos de exhibicionismo con axudas a persoas que padecen situacións incómodas. Ao espallar as rivalidades que rodean a Praza de San Pedro no Vaticano, Bergoglio busca protexerse tras o escudo testemuñal de cada lector, de cada televidente, de cada oínte.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité