Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
3 octobre 2013

O MICROTOTALITARISMO NO CRIME DE SANTIAGO

newsroom

O xornalismo non é oficio para humildes. A proxección que logra o traballo nos medios, sexa o resultado positivo ou negativo, deixa unha sensación de soberbia a longo prazo. Ben sabido é que a maioría dos xornalistas son incapaces de explicarse a si mesmos cómo pode seguir adiante o seu medio cando eles están de libranza ou de vacacións. A minoría restante acada a comprender que non é imprescindible, pero contempla o labor dos compañeiros coa desconfianza de que hai unha franxa estreita, pero patente, entre o feito na súa ausencia e ese nivel de calidade posible coa súa concorrencia. Non vén mal, logo, que  Facultade de Xornalismo e máis Colexio de Xornalistas emitan unha reprimenda conxunta ao tratamento co que se está manexando a morte de Asunta Basterra. Aínda con aceptalo, non estaría de máis unha explicación aberta sobre o oficio de informar; non limitada a este contexto económico adverso, senón xeral. A flaxelación nas propias costas é precisa cada noite, pero non debería quedar en reflectir a carraxe que percorre as cidades do país estes días. Asumo que en cada galego hai un un ramista e un periodista, pero nin facultade nin colexio deberían poñer o punto final á súa reflexión tras asumir a indignación popular. Botei en falta que aplicasen a didáctica diante desa práctica tan exitosa entre a audiencia de pasar a rebarbadora sobre todos os profesionais da información, sobre todo o publicado, sobre todos os medios de comunicación,...pediríalles didáctica para responder a eses centos micrototalitarismos que asolagan os matices necesarios cun "todos son iguais".

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité