
O xornalismo non é oficio para humildes. A proxección que logra o traballo nos medios, sexa o resultado positivo ou negativo, deixa unha sensación de soberbia a longo prazo. Ben sabido é que a maioría dos xornalistas son incapaces de explicarse a si mesmos cómo pode seguir adiante o seu medio cando eles están de libranza ou de vacacións. A minoría restante acada a comprender que non é imprescindible, pero contempla o labor dos compañeiros coa desconfianza de que hai unha franxa estreita, pero patente, entre o feito na súa ausencia e...
[Lire la suite]