Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
4 octobre 2013

MAQUIAVELO ERA HISTORIADOR

paolo pelegrin

Empecei a ler El Islam (Debate) de Karem Armstrong onte e quedei desconcertado. No prólogo explica as diferenzas entre crenzas a respecto dese ronsel de aconteceres que estudamos na Historia. Armstrong apunta que os musulmáns son os únicos que a toman en serio; tanto que, para eles, "é unha especie de sacramento" tratar de conducir o seu curso, mentres que os hindúes a consideran unha espiral absurda que xira allea á súa vontade, e mesmo os filósofos gregos se limitaban facer pesca submarina de leis eternas nas súas correntes máis fondas. Christopher Hitchens búrlase dos historiadores en Hitch -22 (Debate) por seleccionar os feitos para se dar a razón. Nese mesmo texto autobiográfico, Hitchens relata, baseándose na súa experiencia sobre o terreo de Irak, a que concordamos que era a maior mentira planetaria recente: a existencia de armas de destrución masiva ao dispor de Sadam Hussein. De facer caso ao xornalista inglés, el foi testemuña dunha serie de indicios e presenzou algunhas xuntanzas das que se tira a conclusión innegable de que estaba tratando de facerse con elas. A lectura desta mañá foi La invención del pasado (Debate) de Miguel Anxo Murado, un ensaio no que o tamén historiador vai desmontando perpiaño a perpiaño o muro de certezas sobre a Historia de España que construín antes dos 18 anos na aprendizaxe de libros de texto. Maquiavelo era historiador, lembra o lucense. O problema é que o seu traballo impecable soamente me deixou o desacougo e unha manchea de pedras que non me atrevo a volver colocar no sitio que tiñan asignado.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité