Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
7 octobre 2013

O MÓBIL NO ATENTADO DE BEADE

street-photography-rob-cartwright-50mm-environmental-portraiture-finsbury-park-islington-haringay-north-london-fairground-carnival-amusements-ride-worker-hell-sign-ghost-train-black-wh

Eu teño un problema con que Senén Pousa sexa alcalde de Beade. Se un adora a un ditador ata o punto de lembralo cun carasolazo cada vez que lle soa o móbil, non debería comparecer a unhas eleccións democráticas. Se cadra este rexedor ignora que non foi designado polo Terzo de Familias, senón por un proceso cuspidiño a ese que Francisco Franco se ocupou de eliminar con violencia xeral e inxusta. Os terroristas desta madrugada deben acreditar niso mesmo, en que Beade é un parque temático do totalitarismo na que os veciños non son quen de decidiren a quen quere como alcalde. Fixado ese principio, unha vez que se presenta para ser elexible e que gaña a votación de xeito reiterado como vén facendo, nada se lle pode obxectar. E entre obxectar e plantar un obxecto explosivo hai aínda moita distancia. Si se lle podía pedir que se baixase un politono máis respectuoso coas vítimas do militar. 

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité