Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
8 octobre 2013

A ASESORA DO CONSELLEIRO

past present future

Antes da eternidade, cando eu estudaba segundo de Dereito, había unha compañeira de clase que asesoraba a un conselleiro. Eu non paraba de preguntarme as materias sobre as que unha rapaza de vinte anos podía asistir a un responsable de departamento autonómico. De feito, non paro de preguntarme pola natureza da sabedoría dos asesores que tanto axuda aos gobernantes. O secreto debe de estar en que comparten partido -organización e ideoloxía, por tanto- como a moza de Dereito compartía domicilio co pai, que era o responsable dunha consellería. Supoño que lles morreran os avós pensionistas e nada sobra para axudar na casa. Hai asesores polos que sinto un maior respecto porque gañaron un cargo nunha eleccións. Por iso, agradezo o xesto de Fernández Albor, González Laxe e Touriño -especialmente a xenerosidade de Touriño tras o tikitaka de verdade/falsidade coa que o derrocou a dereita- de acudiren á proposta de Feijoo e, especialmente, valoro que o presidente convocase aoss antecesores. A máis, a máis, penso que debería institucionalizarse un Consello de Expresidentes de carácter permanente para non perdermos a súa experiencia unha vez afastados do cinismo e das renarterías que require a política activa.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité