Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
14 octobre 2013

LUTERO NA DIETA GALEGA

o-VINTAGE-WEIGHT-LOSS-ADVICE-facebook

Radio María fixo un programa documentado sobre Lutero. Andei escoitando nel na víspora de informarme do xeito reticente que teñen os nosos parlamentarios de contribuíren á educación e á sanidade públicas cos seus impostos directos. Os pesedegues e os agues aínda pediron abonar na mesma proporción ca o resto dos cidadáns, renunciando aos beneficios dunha actividade especial. Nada lles impedirá detraelo dos seus salarios para ingresalo na conta da Cociña Económica da Coruña, por exemplo. Pero, entre mentres, o eco que sinto é o verbo aceso da emisora católica asegurando que Lutero "rompeu a Igrexa porque non daba controlada a súa concupiscencia e aí reside o seu éxito". Non asentiría eu a afirmación de que os protestantes vivan tan atentos ao sexo (nin ao seu goce nin a súa represión) coma os católicos. O luteranismo liberounos dese cinismo de amorear riqueza sen compartila, algo que os católicos solucionan a través da ínfima fenda moral da esmola. No fondo, Lutero prestixiou o esforzo e a ambición, algo que no sur de Europa trata de acalmarse coa excusa da fé e o fondo real da nugalla. Tras os séculos transcorridos dende a Dieta de Worms, de 1521, o resultado é que os políticos dos países luteranos teñen o prestixio razoablemente intacto e os de países católicos tiran beneficio coa quilometraxe a cargo da empresa (pública e galega neste caso).

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 432
Publicité