Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
24 octobre 2013

UNHA FOLGA POLÍTICA

CANON

O meu pai tiña vocación. Ao longo de trinta anos deu clases. A súa vocación era o negocio familiar de canteiras, pero entrou nun declive que, sumado aos seus -daquela- catro fillos o forzou a facerse profesor de Matemáticas en 1968. A súa vocación era a súa familia. Nunca tivo interese pola docencia. Na casa podía falarmos de xeoloxía ou de fados con profusión, pero a penas lembro unha referencia á matemática euclediana. Malia a escasa atracción pola docencia nunca deixou de vela como unha salvación social de desherdados e ocupouse ben de xestionar bolsas de estudos para os fillos talentosos de pobres. Teño un amigo arquitecto fillo dunha señora da limpeza que aínda mo agradece, coma se eu fose o meu pai, cando nos atopamos. Imaxino que a Lei Wert lle parecería tan desencamiñada coma me parece a min. Apañeime para que os meus fillos non acudisen hoxe ao colexio. Tomar decisións por eles provócame desacougo, pero son pequenos e confío en non equivocarme. Escoito a un tertuliano da Radio Galega que esta protesta é política. Evidentemente. Se non fose política, os meus fillos estarían en clase. As folgas contra calquera norma gubernativa son políticas porque as normas gubernativas son políticas. O sistema educativo é político como son políticos todos os seus contidos. Dar máis ou menos horas de Relixión ou de Español é unha decisión política porque supón que un conxunto de ideas e propostas conta con máis tempo ca outro. Wert debería agradecer o alento político desta protesta porque, se pensásemos que a súa reforma non tivese a motivación política que ten, se nos puxésemos no suposto de que responde a unha formulación técnica, deberíamos esixir que abandonase o cargo sen quitar a foto da súa noiva de derriba da mesa. Para non ser política, a súa reforma debería contar co voto afirmativo de dous terzos do Congreso e un período mínimo de vixencia de dez anos. Pero tamén niso é afortunado: no 2023 os cidadáns lembrarán que este equipo de goberno nos quitou dunha fonda crise económica e ninguén recordará o singular apelido do ministro de Educación.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité