Vintage-old-car-dealership-04

España anda cerca de ser unha democracia asamblearia. Ese soño, tantas noites formulado pola esquerda máis cernuda, está sendo realizado, manda truco, pola dereita. A falta de goberno, os blockbusters conservadores decidiron asumir as funcións do Executivo: Emilio Botín anima aos investidores como se fose ministro de Economía, Rouco Varela se ocupa das materias de Educación e Sociedade e vén de xurdir Ángeles Pedraza como avalada candidata á ministra do Interior ou mesmo de Xustiza.