fotos-antiguas-nueva-york-L-aaN3Uv

Lou Reed interpretaba cancións de Lois Pereiro. Na despedida de hoxe penso que Lou Reed era unha habitación na Casa do Gato, a vivenda familiar de Ribadeo. O bafo na ventá e o Rock and roll animal (1991) soando nun radiocasette. Como era incapaz de comprender as letras que repetía onomatopeicamente, poñíalles poemas de Lois Pereiro. Escoitaba Sweet Jane e comprendía que o secreto da arte consiste na inverosimil estrataxema de que todo sexa sinxelo. Lía por riba a Lois Pereiro convencido de que el falaba de min, aínda que sabía que era imposible que el tivese referencia algunha dun rapaz de 20 anos que vivía en Ribadeo. Agora, de noitefría en Lugo, escoito outravolta o R&R animal no Spotyfy e tremo de arrepío con Poesía última de amor e enfermidade: You just keep me hanging on.