High_Fidelity_(6352209567)

Carlos Príncipe é un militante modelo para calquera partido: ten carnet da formación de enfronte e se dedica a roela por dentro en todo canto foro participa. Como parece que escasean os tertulianos no país podemos escoitalo, co seu depurado castrapo, en espazos públicos e privados servíndonos doses do seu monodiscurso: a desafección socialista cara ao Príncipe. Parece pretender emular a ese Fouché que foi Paco Vázquez, pero nin ten tan redondeado o personaxe -Vázquez pasou de socialista a vaticanista sen cambiar a marca de brillantina- nin o seu arrastre electoral. Agora o PSOE está a piques de amosar ao exalcalde vigués o camiño da porta principal por un expediente disciplinario no que ten formas non tanto do renarteiro Fouché, senón máis ben torpeza aguirrista de Albert Boadella.