Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
30 octobre 2013

LOU REED ESCRIBIU QUE

QUAKER STATE

Lou Reed asegura que, cando medras nun lugar cativo, poste nervioso e pensas: aquí nunca naceu famoso ningún. Eu medrei en Ribadeo, unha vila que sempre tivo unha sona maior ca o seu tamaño, pero cando adolescente miraba ao redor e pensaba: aí está Mondoñedo con Noriega Varela; Viveiro, con Nicomedes, pero Ribadeo, ningún escritor de sona naceu en Ribadeo: Luz Pozo, Baixeras,... ben, pero non son Cunqueiro de Mondoñedo. Lou Reed escribiu que o único bo de medrar nunha vila pequena é sabes que tes que saír dela. Falo da vida antes de internet, falo de que eu tiven a oportunidade de que os meus pais me pagase uns estudos de Dereito en Santiago. As leis, as súas motivacións e as interpretacións retortas non me interesaban, pero Santiago me fixo escritor porque topei con estupendos cinéfilos no hostal no que paraba. Pensaba antes de empezar a escribir isto na miña sorte de pertencer a unha clase media con formación universitaria (tres xeracións atrás no caso da familia materna) como Lou Reed tivo a fortuna de nacer na capital do mundo.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité