jeudi 31 octobre 2013

A SALVACIÓN DE SARTRE EN LUGO

Os comunistas e os sacerdotes viven un tempo de fascinación mutua. Aínda se miran con leve desconfianza porque viviron épocas de exterminio físico mutuo, pero se admiran caladamente dende entón. Os comunistas adoran a capacidade dos curas para renunciar ao material en beneficio dunha fe, da que non poden permitirse dubidaren, e os sacerdotes viven impresionados pola disposición comunista a transformar o inmediato e palpable, e a capacidade para seguir a Marx sen dubidar. Cristianismo e colectivismo son os dous grandes fracasos... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 14:06 - Commentaires [0] - Permalien [#]

mercredi 30 octobre 2013

LOU REED ESCRIBIU QUE

Lou Reed asegura que, cando medras nun lugar cativo, poste nervioso e pensas: aquí nunca naceu famoso ningún. Eu medrei en Ribadeo, unha vila que sempre tivo unha sona maior ca o seu tamaño, pero cando adolescente miraba ao redor e pensaba: aí está Mondoñedo con Noriega Varela; Viveiro, con Nicomedes, pero Ribadeo, ningún escritor de sona naceu en Ribadeo: Luz Pozo, Baixeras,... ben, pero non son Cunqueiro de Mondoñedo. Lou Reed escribiu que o único bo de medrar nunha vila pequena é sabes que tes que saír dela. Falo da vida antes de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 09:11 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 29 octobre 2013

CARLOS PRÍNCIPE, O FOUCHÉ DA RÚA DO PRÍNCIPE

  Carlos Príncipe é un militante modelo para calquera partido: ten carnet da formación de enfronte e se dedica a roela por dentro en todo canto foro participa. Como parece que escasean os tertulianos no país podemos escoitalo, co seu depurado castrapo, en espazos públicos e privados servíndonos doses do seu monodiscurso: a desafección socialista cara ao Príncipe. Parece pretender emular a ese Fouché que foi Paco Vázquez, pero nin ten tan redondeado o personaxe -Vázquez pasou de socialista a vaticanista sen cambiar a marca de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:14 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 28 octobre 2013

LOU REED CANTABA LETRAS DE LOIS PEREIRO

Lou Reed interpretaba cancións de Lois Pereiro. Na despedida de hoxe penso que Lou Reed era unha habitación na Casa do Gato, a vivenda familiar de Ribadeo. O bafo na ventá e o Rock and roll animal (1991) soando nun radiocasette. Como era incapaz de comprender as letras que repetía onomatopeicamente, poñíalles poemas de Lois Pereiro. Escoitaba Sweet Jane e comprendía que o secreto da arte consiste na inverosimil estrataxema de que todo sexa sinxelo. Lía por riba a Lois Pereiro convencido de que el falaba de min, aínda que sabía que... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:18 - Commentaires [0] - Permalien [#]
dimanche 27 octobre 2013

ALBERT RIVERA ENTREGA AS TÁBOAS DA LEI

Albert Rivera ten truco. O líder de Citadans emprende misión comercial en España como Movimiento Ciudadano reformulando ese populismo tan evidente e tan caro ás clases intelectualmente baixas. O seu discurso está exento do bufonismo de Gil y Gil, da perigosa visión da política como arte económica de Ruiz Mateos e da indefinición galiciante de Rosa Díez. Mesmo Rivera supera á súa máis cercana rival, a exsocialista, en que non tivo que manipular o contaquilómetros de varias décadas en cargos públicos para encamiñarse por ese sofisma... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 21:54 - Commentaires [1] - Permalien [#]
samedi 26 octobre 2013

A ESPERADA NOVELA

Esta semana chegaron á redacción dúas esperadas novelas polas que ninguén agardaba. As esperadas novelas son un xénero peculiar dentro dos xéneros literarios. Hai novelas que son como multas de Tráfico, que os periodistas confiamos en zafarnos delas, pero acabamos por ler porque temos que falar co autor. Nese subapartado entran tamén as esperadas novelas que publican os editores amigos e que escribiron autores amigos. Son as máis traidoras porque non damos atopada un pretexto abondo grande para evitalas. Eu procuro escribir... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 21:58 - Commentaires [0] - Permalien [#]

vendredi 25 octobre 2013

OS GIL LEVAN O ROSARIO DA NAI

Francisco Cacharro non negociaba situado na posición menor. Sabía que nunha negociación nunca se vai a máis, polo que el sentaba na cadeira máis cómoda ou non sentaba. Como intuía que a desputa cos herdeiros de Álvaro Gil sobre a propiedade dos fondos que o antergo deixara no Museo Provincial de Lugo daría nunha derrota xudicial en contra da Deputación na que el reinaba, conformouse con aprazar as conversas ata o esgotamento da outra parte. A meta da triatlón xudicial chegou co Bloque como administrador concursal nesa... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 16:21 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 24 octobre 2013

UNHA FOLGA POLÍTICA

O meu pai tiña vocación. Ao longo de trinta anos deu clases. A súa vocación era o negocio familiar de canteiras, pero entrou nun declive que, sumado aos seus -daquela- catro fillos o forzou a facerse profesor de Matemáticas en 1968. A súa vocación era a súa familia. Nunca tivo interese pola docencia. Na casa podía falarmos de xeoloxía ou de fados con profusión, pero a penas lembro unha referencia á matemática euclediana. Malia a escasa atracción pola docencia nunca deixou de vela como unha salvación social de desherdados e ocupouse... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 16:01 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mercredi 23 octobre 2013

ESPAÑA, UNHA DEMOCRACIA ASAMBLEARIA

España anda cerca de ser unha democracia asamblearia. Ese soño, tantas noites formulado pola esquerda máis cernuda, está sendo realizado, manda truco, pola dereita. A falta de goberno, os blockbusters conservadores decidiron asumir as funcións do Executivo: Emilio Botín anima aos investidores como se fose ministro de Economía, Rouco Varela se ocupa das materias de Educación e Sociedade e vén de xurdir Ángeles Pedraza como avalada candidata á ministra do Interior ou mesmo de Xustiza.
Posté par Jaureguizar à 22:08 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 21 octobre 2013

ESTRASBURGO DIAGNOSTICA DIXESTIÓN LENTA

Creo que podo entender o que senten hoxe moitas persoas en España como consecuencia da sentenza de Estrasburgo. Non é excepcional atoparse a Amedo paseando polo centro de Lugo nin menos atravesar un paso de cebra e sorprenderse da súa educación ao agardar serenamente no seu Mercedes granate descapotable a que pases. A democracia española ten unha dixestión lenta, incómoda, porque se instaurou do mesmo xeito improvisado no que se fai todo neste estado sureuropeo. A grande estrutura de poder franquista foi traspasada da ditadura sen... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:54 - Commentaires [0] - Permalien [#]