dimanche 20 octobre 2013

GALICIA, UN PAÍS IMPROBABLE

Os himnos soan aos países que representan. O himno español saíu atropelado e balbordeiro, como eses futbolistas baixiños que precisan facerse notar. A ‘Marcha real’ é unha banda sonora axeitada a tantos séculos nas que o territorio peninsular non se deu organizado con sentido. Portugal, o gran fracaso español, está cerca para lembralo. O himno inglés resulta solemne e imperial, empuxa a imaxinar a Margaret Thatcher bebendo nunha taza de té na ventá de Downing Street tratando de albiscar ao lonxe as Facklands. Galicia soaba solemne... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:24 - Commentaires [2] - Permalien [#]

samedi 19 octobre 2013

A COUSA DO XURADO

José Manuel Lara insistía antes do fallo do premio Planeta deste ano, que iso era «cousa do xurado». Eu sempre creo no que din os editores de libros. Chámenme parvo, acepto. Unha persoa que dedica os seus cartos a publicar as vinganzas sentimentais, as fantasías criminais ou as obsesións históricas dos escritores conta coa miña xenuflexión. Máis, cando podería  dedicar os cartos a arruinar un club de fútbol a base de impagos a Facenda. Nada que obxectar porque, como dixo Cascos, o fútbol é de interese xeral. Xa lles gustaría ás... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 22:48 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 17 octobre 2013

A ESPADA CELESTIAL NO HÓRREO

Alberto Núñez Feijoo é un home con sorte. A miña sensación nestes anos que nos leva gobernando é que se sente máis cómodo cadrando un balance que argumentando unha idea. Para o debate da nación destes días todo o que nos achegou é un ridículo medio punto de baixada nas rendas medio-baixas, que case podía quedar con el, e a paralización cautelar dunha macromina. Supoño que estaría preocupado con esa triste carteira de alegrías, porque o sector lácteo e o mariñeiro están desaparecidos en combate, e os floteis empezan a parecer a... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 21:47 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mercredi 16 octobre 2013

FILETE DE LOMBO CON PAISAXE DE BEIRAS

  Veño de mirar unha entrevista televisiva con Xosé Manuel Beiras. Vai camiño de Chicote, a figura á que recorren os directivos televisivos para devolver a medición de audiencias á cifra cómodas. O pai dunha amiga, conservador españolista, definiu hai moitos anos a sensación que teño agora co líder da oposición. El falaba de O atraso económico de Galicia: "O desenvolvemento das ideas é impresionante; a conclusión, decepcionante". Estaba ceando un filete de lombo que deixara Sara sen probar porque lle axustaron os brackets e... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:10 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 15 octobre 2013

O COCHE DE JORQUERA

  A perturbación que me impuxera para hoxe era escribir sobre o debate do estado da nación, pero, agás algunhas liñas fóra de guión dun Beiras que mellora día a día o seu personaxe, tivo un aire moi de 2012 en achegamento irremediable ao 2011. Botei en falta as gargalladas que rendía o estilo altivo de Pachi Vázquez. Polo demáis Feijoo deixounos ditas un par de cousas: o medio punto de rebaixa nos impostos e o peche de Corcoesto antes de abrirse. O da mina divírteme polas reas de votantes conservadores que mudaron a... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:34 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 14 octobre 2013

LUTERO NA DIETA GALEGA

Radio María fixo un programa documentado sobre Lutero. Andei escoitando nel na víspora de informarme do xeito reticente que teñen os nosos parlamentarios de contribuíren á educación e á sanidade públicas cos seus impostos directos. Os pesedegues e os agues aínda pediron abonar na mesma proporción ca o resto dos cidadáns, renunciando aos beneficios dunha actividade especial. Nada lles impedirá detraelo dos seus salarios para ingresalo na conta da Cociña Económica da Coruña, por exemplo. Pero, entre mentres, o eco que sinto é o verbo... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:43 - Commentaires [0] - Permalien [#]

dimanche 13 octobre 2013

OS SUECOS VOLVEN AMOLAR

A Academia Sueca, ese club de lectura, equivócase todos os anos por estas datas ao conceder o Nobel de Literatura. Botei a semana estruturando este comentario con impresións de lecturas de Haruki Murakami e un par de anécdotas simpaticotas. De feito, hai anos que conservo na cabeza os 1.640 caracteres de louvanza, pero os suecos andan negándollo e acabei por esquecer a frase rotunda coa que había de pechar o artigo. Sabía que este ano non llo daría ao xaponés porque o pasado ano a Academia despistounos co chinés Mo Yan e isto é como... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:54 - Commentaires [0] - Permalien [#]
samedi 12 octobre 2013

UNHA CONSULTA CROMÁTICA EN CATALUÑA

A identidade nacional é tan demostrable coma indemostrable. A dereita española abre hoxe todo o seu abano ideolóxico para despregar bandeiras das tres franxas en Barcelona. O obxectivo é transformar en palpable a españolidade de Cataluña. O plan estratéxico non resulta imposible. O bispo Pelayo inventou un Reino de Asturias, o mito fundador de España, a base de escribir historia-ficción. Mesmo unha maioría de galegos acepta ese pasado de cartón pedra coa lenda de Covadonga e con monarcas non menos impostados ca os posteriores. A... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 10:23 - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 11 octobre 2013

O PIOLET DE SOR CLEOFÉ

Cando cambian as leis educativas, é dicir, cada vez que está mediada unha lexislatura, acordo da pavorosa Sor Cleofé. A monxa era tan delgada que o cinto do uniforme azul lle sobraba en varios centímetros contando dende o último burato. O único motivo de diversión nas súas aulas era a verruga da que lle nacían tres pelos, coma se fose un gato afeitado de media cara. Masacrábame coas Matemáticas cando eu tiña dez anos. O peor non era exactamente cando me confundía nunha conta. Colocaba os nocellos en forma de piolet e petaba con... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:04 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 10 octobre 2013

HANSEL E GRETEL NON ABANDONAN A CIDADE

As lambetadas son pegañentas, pero os meus Hansel e Gretel senten un sorprendente desapego cara a elas. Todos os que somos pais temos hánseles e grételes na casa que marcan os seus niveis de saciedade coas súas expectativas en función das lambetadas que gardan no armario da cociña. Os meus fillos van xuntando as lambetadas que se lles ofrecen en aniversarios e festas en bolsas de Gadis e un cesto. Hai chuches que lles gustan moito, lamben o padal pensando nelas, pero,  esquecida esa ansiedade instatánea polo doce, deixan... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 20:14 - Commentaires [0] - Permalien [#]