1 novembre 2013
AS ONDAS DA BBC
O truco consistía en mirar o derradeiro Telediario a Mariano Medina para confirmar que había galerna na Canle da Mancha. Daquela collía unha radio de man, subía ao mastre máis alto da Casa do Gato e sintonizaba a BBC para a voz impertubada do xornalista falando inglés sen variación tonal, interrompida unicamente polas ondas feras batendo contra Hastings.
Publicité
Publicité
Commentaires