lundi 4 novembre 2013

NON IMOS AO MÉDICO, MORREMOS

  Os Jaureguizar nunca imos ao médico, simplemente morremos. Podo presumir de que mantiven a divisa familiar ata que hai quince días me asustei. Estaba no baño e, ao rematar de depoñer o preciso, apareceron pinguiñas de sangue imprecisas e inesperadas. Xa logo empezou a doerme o colon, a sentir punzadas no aparato urinario, a amolar os cadrís, a queixárseme a columna vertebral,... os síntomas conducían a un final inevitable. Aínda así, asistín ao Sergas na procura dun alivio. Saín cunha picada no brazo, que é o trance vital... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:41 - Commentaires [0] - Permalien [#]